Mosquera Villavidal
Venres, 30 de Xulio de 2010 
Ecofogo
Pellets
Usos
Contactar
Ligazóns
Versión en castellano Versión en Galego

Pellets

Os pellets son un tipo de biocombustible sólido procedente de residuos de madeira das industrias forestais (serrins, virutas e astillas). Estes son triturados, secados e prensados a alta presión (sen aditivos, a propia lignina da madeira ó humedecerse fai de pegamento natural) o que lle da o seu formato en cilindros de 6 ou 8 mm de diámetro e 15-25 mm de lonxitude, o resultado son pequenos cilindros de madeira moi densos e cun moi baixo contido en auga.

Para a producción de pellets non se corta ningúnha árbore adicional, utilizanse únicamente os restos da industria madereira.

Porqué é un biocombustible?

Existen moitas razóns para considerar ós pellets un combustible ecolóxico:

  • Porque os pellets non contribuen ó efecto invernadoiro ó ter un balance neutro do CO2: a cantidade de CO2 emitido na combustión dos pellets é similar á absorbida pola arbore durante o seu crecemento.
  • Porque polo seu baixo contido en azufre e nitróxeno producen menos emisións contaminantes cos combustibles fósiles como o gas ou o gasóleo.
  • Porque ó queimar gas ou gasóleo emitense á atmósfera carbono procedente do subsolo mentras que ó queimar madeira en forma de pellets liberase carbono procedente da atmósfera mesma.
  • Porque ó producirse con madeira, una materia vexetal, é un recurso enerxético renovable; ó contrario que o gas ou o gasóleo, condenados a esgotarse, pode aumentarse a sua producción de forma controlada sen por en perigo ó medio ambiente.

A madeira, e por consiguinte os pellets de madeira, ó ser un combustible de orixe natural e renovable, son parte do ciclo vital da natureza.

Economía?

A igualdade de calor o coste dos pellets podee chegar a ser un 50 % inferior ó do gasóleo de calefacción o que lle permite un aforro considerable e unha recuperación máis rápida da inversión inicial. É por isto unha solución sinxela e limpa para a producción de auga quente e calefacción en vivendas individuais, comunidades de veciños, hoteis, edificios públicos, polideportivos, piscinas climatizadas e en instalacions industriais como naves, invernadoiros, viveiros, granxas, etc.

Cos pellets, ó ser un producto de orixe natural e de producción local, non sufrirá as continuas variacions no prezo típicas do gasóleo de calefacción e do gas natural.

2 kg de pellets ~ 1 Lt de gasóleo ~ 1 m3 de gas natural
 


 

  

ecofogo.com © 2010
:: WEB Deseñada e aloxada por NOVO MILENIO sistemas s.l. ::